Los Eternos

Desde o debut de Los Eternos con «Back on the Road» (Warner Music Spain), pasaron dez anos ata «Vientos Solitarios»; (Ferror Records / Cascaballo Records, 2019), xa en castelán, e despois «Sonora» (Milana Música / Ferror Records, 2021). Agora chega San Antonio (Ferror Records / Milana Música, 2025), un traballo intenso e emotivo co que a banda de Cedeira continúa explorando as raíces da música americana, por primeira vez en galego.

Un disco marcado pola enfermidade e a perda de Arantza Navarrete, parte imprescindible da historia da banda e autora da maioría das súas letras, tamén compañeira de Chewis. “A idea de facer un disco en galego foi súa, e este álbum a ilusionou dende o inicio, se ben as circunstancias da vida comenzaron a complicarse e iso foise plasmando nas cancións”.

O disco e o primeiro adianto levan por título “un dos lugares máxicos de Cedeira. Alí a terra e o mar fúndense nunha aperta, dando forma á ría máis fermosa do mundo. Xusto alí, Arantza pasaba horas sentada no cruceiro. De San Antonio saiu a inspiración para a maioría das cancións do disco. Falan da nosa terra, do noso mar, das nosas tradicións, da nosa xente… de amor, de dor, de vida e de morte”.

Unha viaxe dende Punta Candieira ao Mar dos Balandros cargada de saudade e de cancións que impregnan o corpo de salitre. Do salitre do mar, do salitre das bágoas.

Próximos conciertos

Auditorio de Cedeira

La Cuerda Floja (Ferrol)

NaSantiña (Pontevedra)

A Cofradía Cultural VIlanova de Arousa

Festa de San Antonio (Cedeira)

Scroll al inicio